quarta-feira, 21 de outubro de 2009

4QPODEMOS (e unha que, ogallá se arrime)


A ver se me trabuquei... a ver se fun meter eu a pata... a foto é moi sensual pero penso que non se corresponde. Ou non, a ver se resulta que si... xa hai tempo que non a vexo e non teño a imaxe moi fresca nos arquivos do meu disco duro particular.

Erótica si que é, paixoal tamén, de sensualidade non se queda curta, cando quere excita e de que maneira...

Será ou non será? Penso que estou metendo os cans na bouza. A ver se me meto en problemas por "confusión de personalidade"...

Xa está, non lle dou máis voltas. Que si, ho!! Que esta é a foto de EVA MENDEZ, unha dos 4qpodemos. Pois non quedaches mal de todo, Tabillona!!

terça-feira, 6 de outubro de 2009

BUSCANDO AOS 4QPODEMOS


Sra JOVITA & Sra MILUCHA

JOVITA
Onde andarán eses caralláns?
MILUCHA
Non che sei. Xa hai tempo que faltan.
JOVITA
Pois non se lles ve, eh!
MILUCHA
Eu non endilgo nada e deixei as gafas do lonxe na casa.
JOVITA
Naaaaada. Estes desapareceron.
MILUCHA
Igual che lles tocou a lotería.
JOVITA
Xa, e deixaron o blog colgado.
MILUCHA
Nunca mellor dito. Aí falaches Jovita.
JOVITA
Aínda me hei ter que poñer eu...
MILUCHA
Pois non é mala idea. No Auntamiento están facendo cursos de ordenador para andar polo interné.

domingo, 4 de outubro de 2009

TODO O MEU GOZO NUN... RÍO

quinta-feira, 1 de outubro de 2009

RECORTES NA XUNTA

domingo, 13 de setembro de 2009

HUMOR GRÁFICO

quarta-feira, 23 de abril de 2008

Composicións do Ego.

Se pesquisamos a palabra Ego nun diccionario común e queremos investigar o significado da palabra e a orixe da mesma, atoparemos que Ego simplemente ven do latín ego e significa eu.

Seguimos lendo nos distintos medios de información e definición das palabras e rapidamente atoparemos que podemos declinarnos polo Ego segundo o psicoanálise, segundo a antropoloxía, segundo o emprego coloquial etcétera, e se de aí nos vamos as diferentes interpretacións que fan cada unha destas ramas de estudo e como non as diferentes sociedades, pois non rematariamos nunca de atopar información.

A miña teima é máis sinxela, eu só quero saber se ego sgnifica segundo o latín eu, cómo deribou a palabra na mutación de se mesma ata, na nosa sociedade, resultar unha desas pequenas compañeiras de existencia que non nos son de todo ben recibidas.

Se es egocéntrica/o é unha característica de persoalidade negativa, pero en cambio se eu penso máis nos máis que en min mesma/o son parva/o. Entón en qué quedamos?

O egoísmo é o peor que te podes atopar nos nosos días de movementos sociais antisistema ou prosistema ou sistema, antiprogreso ou proprogreso ou en exceso. A nosa xeneración ten un compromiso coa herdanza dos nosos pais e temos que mudar as cousas, pensar nos menos favorecizos, tecer pontes de comunicación e un longo etcétera. Como dicía unha noite de sabiduria XMan, "si, si, si, pero faino despois de traballar as 8 horas mínimo, limpar a casa, ter parella e non chegar a fin de mes" (canto sabe o profeta).
Logo se pensamos cada un no noso Eu, e polo tanto no noso Ego en todas as súas posibles variantes, estamos sendo o peor ou o mellor para nós mesmos e polo tanto para o noso redor?

Uf, é complicado darlle forma ao Ego, e defendelo, pensar que somos capaces de ter tantas palabras que signifiquen o mesmo pero que signifiquen tantas contradiccións dá para namorarse da nosa linguaxe segreda.

Penso logo Ego.

segunda-feira, 21 de abril de 2008

reflexionando

Estos días houbo moita actividade galega en Barcelona (como sempre). Poesia, presentación do farelo, exposicions, cinema en superoito e un longo etcetera que me saberedes perdoar.

As reflexions filosóficas deixaremolas para outro momento, pero eu persoalmente boto de menos o humor, onde estades creativos de 4qpodemos? e todas/os as/os que se arriman (como me gusta esto de barrenar nos plurais e nos generos das palabras sí dá para un debate...)

Ben só é un reclamo para todas as mentes creativas que andades purlando polo ciber-galaicocatalán espazo para dar un pouco de chicha ao asunto (eiiiiiii se chicha non se acepta como léxico favorable poñedeme en examen!!!)

ben só alegría e fabas,
4qpodemos
consello redactor jejejeje