quarta-feira, 21 de outubro de 2009

4QPODEMOS (e unha que, ogallá se arrime)


A ver se me trabuquei... a ver se fun meter eu a pata... a foto é moi sensual pero penso que non se corresponde. Ou non, a ver se resulta que si... xa hai tempo que non a vexo e non teño a imaxe moi fresca nos arquivos do meu disco duro particular.

Erótica si que é, paixoal tamén, de sensualidade non se queda curta, cando quere excita e de que maneira...

Será ou non será? Penso que estou metendo os cans na bouza. A ver se me meto en problemas por "confusión de personalidade"...

Xa está, non lle dou máis voltas. Que si, ho!! Que esta é a foto de EVA MENDEZ, unha dos 4qpodemos. Pois non quedaches mal de todo, Tabillona!!

Nenhum comentário: