Mostrando postagens com marcador pensamento. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador pensamento. Mostrar todas as postagens

quarta-feira, 23 de abril de 2008

Composicións do Ego.

Se pesquisamos a palabra Ego nun diccionario común e queremos investigar o significado da palabra e a orixe da mesma, atoparemos que Ego simplemente ven do latín ego e significa eu.

Seguimos lendo nos distintos medios de información e definición das palabras e rapidamente atoparemos que podemos declinarnos polo Ego segundo o psicoanálise, segundo a antropoloxía, segundo o emprego coloquial etcétera, e se de aí nos vamos as diferentes interpretacións que fan cada unha destas ramas de estudo e como non as diferentes sociedades, pois non rematariamos nunca de atopar información.

A miña teima é máis sinxela, eu só quero saber se ego sgnifica segundo o latín eu, cómo deribou a palabra na mutación de se mesma ata, na nosa sociedade, resultar unha desas pequenas compañeiras de existencia que non nos son de todo ben recibidas.

Se es egocéntrica/o é unha característica de persoalidade negativa, pero en cambio se eu penso máis nos máis que en min mesma/o son parva/o. Entón en qué quedamos?

O egoísmo é o peor que te podes atopar nos nosos días de movementos sociais antisistema ou prosistema ou sistema, antiprogreso ou proprogreso ou en exceso. A nosa xeneración ten un compromiso coa herdanza dos nosos pais e temos que mudar as cousas, pensar nos menos favorecizos, tecer pontes de comunicación e un longo etcétera. Como dicía unha noite de sabiduria XMan, "si, si, si, pero faino despois de traballar as 8 horas mínimo, limpar a casa, ter parella e non chegar a fin de mes" (canto sabe o profeta).
Logo se pensamos cada un no noso Eu, e polo tanto no noso Ego en todas as súas posibles variantes, estamos sendo o peor ou o mellor para nós mesmos e polo tanto para o noso redor?

Uf, é complicado darlle forma ao Ego, e defendelo, pensar que somos capaces de ter tantas palabras que signifiquen o mesmo pero que signifiquen tantas contradiccións dá para namorarse da nosa linguaxe segreda.

Penso logo Ego.

domingo, 13 de abril de 2008

Non deixar que o diñeiro mate o pensamento...

Interesante vídeo a prol dos estudos de filosofía na Secundaria e no Bacharelato. Grazas a amiga Nieves/Neus, que nolo mostrou.