Se pesquisamos a palabra Ego nun diccionario común e queremos investigar o significado da palabra e a orixe da mesma, atoparemos que Ego simplemente ven do latín ego e significa eu.
Seguimos lendo nos distintos medios de información e definición das palabras e rapidamente atoparemos que podemos declinarnos polo Ego segundo o psicoanálise, segundo a antropoloxía, segundo o emprego coloquial etcétera, e se de aí nos vamos as diferentes interpretacións que fan cada unha destas ramas de estudo e como non as diferentes sociedades, pois non rematariamos nunca de atopar información.
A miña teima é máis sinxela, eu só quero saber se ego sgnifica segundo o latín eu, cómo deribou a palabra na mutación de se mesma ata, na nosa sociedade, resultar unha desas pequenas compañeiras de existencia que non nos son de todo ben recibidas.
Se es egocéntrica/o é unha característica de persoalidade negativa, pero en cambio se eu penso máis nos máis que en min mesma/o son parva/o. Entón en qué quedamos?
O egoísmo é o peor que te podes atopar nos nosos días de movementos sociais antisistema ou prosistema ou sistema, antiprogreso ou proprogreso ou en exceso. A nosa xeneración ten un compromiso coa herdanza dos nosos pais e temos que mudar as cousas, pensar nos menos favorecizos, tecer pontes de comunicación e un longo etcétera. Como dicía unha noite de sabiduria XMan, "si, si, si, pero faino despois de traballar as 8 horas mínimo, limpar a casa, ter parella e non chegar a fin de mes" (canto sabe o profeta).
Logo se pensamos cada un no noso Eu, e polo tanto no noso Ego en todas as súas posibles variantes, estamos sendo o peor ou o mellor para nós mesmos e polo tanto para o noso redor?
Uf, é complicado darlle forma ao Ego, e defendelo, pensar que somos capaces de ter tantas palabras que signifiquen o mesmo pero que signifiquen tantas contradiccións dá para namorarse da nosa linguaxe segreda.
Penso logo Ego.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
2 comentários:
Como lle escoitei a un taxista de Barcelona: "Que necesitamos de verdade? un armario máis grande ou unha vaidade máis pequena?
Con moita forza empezou este bló, pero agora boh! Un meseciño aí sen producir... dádelle aí hombre! que interné avanza rapidírmamente
Postar um comentário