segunda-feira, 7 de abril de 2008

noites sen dormir

Escribo coa velocidade que permite a espesura da neboa. Non é a brétema literaria que se emprega para atmosferizar un relato, se non, máis ben o contido estrano que me enche os ollos, invade meu corpo e se mestura co espazo existente entre os meus dedos.

Quería expor unha idea, algo con sentido que mudara o contido todo da inexistencia, e vexome aquí, sentado na cripta mortuoria que fun contruíndo ano tras ano sen sabelo. Alonxado de todo o que se considera vivo e vivindo todo aquelo que calificamos de morto.

Así aprendín a coserme os beizos con fío de araña e a agudizar os oidos coas pisadas insectíboras dos seres que me acompañan. Nada especial que argumentar.

Afortunadamente nestes séculos de inexpresión verbal atopei o xeito de entender que alá fora, arriba, na superficie inherte que me suspende, existen outros seres catapultados a esta forma.
Eles atopanse illados, lonxe de percibir súa morte en vida, pero latexan neste inframundo creado para nos liberar.

A todos eles me dirixo hoxe, mácabro e delirante, na rede subalterna dos que designificamos.

Nenhum comentário: